Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50640

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Valadouro

ANUNCIO do 12 de novembro de 2018 relativo á Resolución do 30 de outubro de 2018 nun procedemento relativo á xestión da biomasa.

Esta Administración puido constatar o incumprimento do artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, na parcela seguinte:

27063A049002730000YL

Ao ser a notificación infrutuosa, comunico que as personas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionaren a biomasa na citada parcela.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos da xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Advírtese que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supor a repercusión dos gastos de extinción de incendios.

O Valadouro, 12 de novembro de 2018

Edmundo Maseda Maseda
Alcalde