Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50639

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo incluída na oferta de emprego público 2018.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 224, do 23 de novembro de 2018, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, técnico/a de xestión, do Concello de Cabanas, encadrada na escala de Administración xeral, subescala xestión, grupo A, subgrupo A2, por concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cabanas, 23 de novembro de 2018

Germán Castrillón Permuy
Alcalde