Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha piscina pública en Meicende.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 31 de outubro de 2018, acordou aprobar definitivamente o expediente nº 35/2016.PEID de Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construcción dunha piscina pública en Meicende e catalogación do lavadoiro de Meicende, segundo proxecto redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

Así mesmo, acordouse levantar a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito do plan especial, parte dos predios con referencia catastral 15005A06400201, 15005A06400194 e 001400700NH49G, ámbito sinalado no plano ID-03.

Contra o acordo de aprobación definitiva deste plan especial, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpoñer recurso contencioso- administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O contido íntegro do plan especial pódese consultar no seguinte enderezo electrónico:

http://www.arteixo.org/gl/noticia/aprobacion-definitiva-do-plan-especial-de-infraestructuras-e-dotacions-para-construccion-da

Arteixo, 12 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente