Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50148

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 20 de novembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 23 de xuño de 2017 pola que se aproba o Regulamento das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia/Vaca y Buey de Galicia e do seu consello regulador común e se nomea o consello regulador provisorio.

Mediante a Orde da Consellería do Medio Rural do 23 de xuño de 2017 aprobouse o Regulamento das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia/Vaca y Buey de Galicia e do seu consello regulador común e nomeouse un consello regulador provisorio.

A dita orde contén, por unha parte, o Regulamento destas indicacións xeográficas e do seu consello regulador común, que vai como anexo dela, e, por outra, recolle a composición do consello regulador provisorio, nomeado de acordo coa proposta que fixo daquela o sector. Este consello regulador provisorio manterase ata que se nomee outro con carácter definitivo, que resultará do correspondente proceso electoral, que se celebrará conforme dispón o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

Logo da publicación da dita orde, unha das persoas xurídicas que foi designada para constituír o citado consello regulador provisorio deixou de ter actividade, o que motivou que o pleno deste organismo propuxese á consellería a súa substitución por outra empresa do sector que conta con actividade.

De acordo co anterior e tendo en conta o disposto no artigo 4 do citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o punto 2 do artigo 2 da Orde do 23 de xuño de 2017, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia/Vaca y Buey de Galicia e do seu consello regulador común e se nomea o consello regulador provisorio, que queda da seguinte forma:

«2. Noméanse os membros do Consello Regulador das indicacións xeográficas protexidas de Carne de Vacún de Galicia, con carácter provisorio ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.

Por proposta do sector interesado, queda formado da seguinte maneira:

Presidente: Jesús González Vázquez.

Vogais polo sector produtor:

– Reisanto, S.C. (vicepresidencia polo sector produtor).

– Hermanos González Rodríguez, S.C.

– Refol, S.C.

– Manuel Fernández Gallego.

– Coop. Agrogandeira de Sarreaus, S.C.G.

– Finca Idreira, S.L.

– Las Traviesas, S.L.

– Feiraco, S.C.G.

Vogais polo sector industrial:

– Industrias Cárnicas J. Taboada, S.A. (vicepresidencia polo sector industrial).

– Novafrigsa, S.A.

– Carniceros de La Coruña, S.A.

– Frigoríficos del Lea, S.L.

– Industrias Cárnicas Milucho, S.L.

– Suministros Medina, S.L.

– Vego Supermercados, S.A.U.

– Frigoríficos Bandeira, S.L.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural