Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 106/2017).

PO. Procedemento ordinario 106/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: José Luis Piñeiro Tejo

Avogado: Sergio Campos Nieto

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), 2 Mil Desarrollo y Organización de Servicios Múltiples Internacionales, S.L.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 106/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Piñeiro Tejo contra 2 Mil Desarrollo y Organización de Servicios Múltiples Internacionales, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 106/2017, seguidos por instancia de José Luis Piñeiro Tejo, representado polo letrado Sr. Sergio Campos Nieto, contra a entidade 2 Mil Desarrollo y Organización de Servicios Múltiples Internacionales, S.L.

Decido

Desestimar a demanda presentada por instancia de José Luis Piñeiro Tejo contra a entidade 2 Mil Desarrollo y Organización de Servicios Múltiples Internacionales, S.L., e, en consecuencia, absolvo a demandada de todas as peticións deducidas contra ela.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e requisitos previstos nos artigos 190 e 191, ambos da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a 2 Mil Desarrollo y Organización de Servicios Múltiples Internacionales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios dese xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza