Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (565/2018).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 565/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Carrillo Rama contra Fogasa, Ernesto Cereijo Caneda sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 565/2018 sendo parte neste, como demandante, María Isabel Carrillo Rama, asistida pola letrada Sra. Barreiro Vilas e, como demandada, a empresa Ernesto Cereijo Caneda (nome comercial: Casa de xantar O imprevisto), que non comparece, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolvo:

Que admitindo a demanda formulada por María Isabel Carrillo Rama fronte á empresa Ernesto Cereijo Caneda (nome comercial Casa de xantar O Imprevisto), declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa a que o indemnice coa cantidade de 1.212,48 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 44,09 euros/día; así como a aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento (12.6.2018) ata a data desta sentenza, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta bancaria deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Publicación: lida e publicada foi a presente sentenza pola Sra. maxistrada xuíza que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ernesto Cereijo Caneda, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza