Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 50006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018050TA-PO por infracción en materia sanitaria.

A non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018050TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Guay Hostelería, S.L. e de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2018050TA-PO.

Interesada: Guay Hostelería, S.L. (Bar JJ).

Documento de identificación: B27726652.

Último enderezo coñecido: rúa A Guía, nº 40, Atios, 36418 O Porriño.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 900,00 €.