Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018001TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a Noites Divertidas, S.L. (café bar especial INOX) e de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2018001TA-CO.
Interesada: Noites Divertidas, S.L. (café bar especial INOX).
Documento de identificación: B70424676.
Último enderezo coñecido: Orillamar, 44, baixo, 15001 A Coruña.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 601,00 €.