Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 50005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018023TA-LU por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018023TA-LU incoado na Xefatura Territorial de Lugo a María José Berrocal López.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, se facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2018023TA-LU.

Interesada: María José Berrocal López.

Documento de identificación: 44013931G.

Último enderezo coñecido: rúa Serra dos Ancares, 2, 27003 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601,00 €.