Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 50003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución pola que se declara a utilidade pública dunha instalación eléctrica prevista nos termos municipais de Cangas e Moaña.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), as notificacións que non se poidan efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE. Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Ao seren descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, notifícase mediante o presente anuncio a resolución pola que se declara a utilidade pública da instalación eléctrica (expediente IN407A 2016/5-4) que afecta os ditos predios.

En atención ao previsto no artigo 40.5 da LPAC, o acto non se publica na súa integridade, polo que se lles fai saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución pola que se declara a utilidade pública da instalación eléctrica (expediente IN407A 2016/5-4) está á súa disposición, para a súa consulta, durante un prazo dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Pontevedra, 9 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº predio

Lugar

Concello

Referencia catastral

2

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

17

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

19

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

29

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

31

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

33

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ