Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO en procedemento de xestión subsidiaria de orde de xestión da biomasa.

José Pardo Lombao, alcalde do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expoño:

Intentada a notificación cursada no seguinte procedemento, esta non se puido efectuar, polo que, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, publícase o seguinte anuncio en cuxa virtude se fai saber:

Que con data de maio de 2018, cursouse denuncia achega do incumprimento das condicións de xestión da biomasa vexetal existente sobre a parcela 38, polígono 638, con referencia catastral 27039A038006380000GU, sita no termo municipal de Outeiro de Rei e que figura como de propietario descoñecido (en investigación).

Con data do 3 de setembro de 2018, o alcalde ditou orde de xestión consistente na curta dos piñeiros e eucaliptos existentes a unha distancia inferior a cincuenta metros lineais das edificacións lindeiras e coa advertencia de que, de non levar a puro e debido efecto, procederíase á súa execución subsidiaria por conta do denunciado e á incoación do expediente sancionador.

Finalizado o prazo outorgado, o interesado non compareceu no expediente nin deu cumprimento á orde de xestión, motivo polo cal, en virtude do presente, acórdase a execución subsidiaria da orde de xestión, así como a liquidación provisional dos custos de xestión por importe de 800 euros, que deberán ser ingresados na tesouraría municipal no prazo dun mes.

De non efectuarse o ingreso da contía liquidada, procederase á súa exacción por vía de constrinximento.

Contra o presente acordo, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes para contar desde a práctica da presente notificación, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo de Lugo.

Outeiro de Rei, 29 de outubro de 2018

José Pardo Lombao
Alcalde