Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49896

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 15 de novembro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a modificación puntual do PE-1 no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Logo de que conste a inscrición no Rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, notificarase persoalmente o acordo ás persoas que formularon alegacións, dándolles traslado do acordo de aprobación provisional en que se contén o exame das alegacións presentadas.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación puntual do PE-1 poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais