Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0101/2017-COP e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-LU-0101/2017-COP e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, punto c) da mesma lei.

Celeiro, 7 de novembro de 2018

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

Interesados

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0101/2017-COP

Margem da Agua

PT509509118

Resolución

r/ Brito e Cunha, 73, Leça da Palmeira, Matosinhos

PSC-LU-0120/2017-COP

Cipriano García López

33859976C

Resolución

r/ Porto, 6, Escourido, Covas, Viveiro

PSC-LU-0135/2017-PRE

Francisco Pedro Rodríguez Margullon

00668179Y

Resolución

Avenida Monterreal, 5, C6, Baiona