Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1170/2018-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-1170/2018-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 8 de novembro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1170/2018-PPM

Jónathan Borja Jiménez

54159894T

Inicio

O Portiño, 32, baixo, A Coruña

PSC-CO-1173/2018-PPM

Manuel Borja Jiménez

47375666J

Inicio

O Portiño, 46, baixo, A Coruña

PSC-CO-1174/2018-PPM

Severo Boullón Ronquete

53481800S

Inicio

Corredoira de Luis Cadarso, 68, 4º, Noia

PSC-CO-1212/2018-PPM

Juan Carlos Santiago Rodríguez

33282442Q

Inicio

Estrada xeral, 3, 3º, Escarabote, Boiro

PSC-CO-1232/2018-PPM

Jacinto Rodríguez Pérez

76779647N

Inicio

Avenida da Constitución, 91, 4º C, Boiro

PSC-CO-1242/2018-PPM

Eloy Santos Santiago

53489347H

Inicio

Lugar de Baroña, s/n, Porto do Son