Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-LU-0007/2018-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-LU-0007/2018-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

Celeiro, 7 de novembro de 2018

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0007/2018-PPM

Juan Benigno Ponce Montero

76408349A

Inicio

r/ Ensino, 5, 1º esqda., Cedeira

PSC-LU-0086/2018-ORS

Juan Benigno Ponce Montero

76408349A

Inicio

r/ Ensino, 5, 1º esqda., Cedeira

PSC-LU-0087/2018-ORS

Benigno Casas Villar

76406515D

Inicio

Montemao, 9, San Román, Cedeira

PSC-LU-0093/2018-PRE

Jaime Gonta Alonso

76572542E

Inicio

Lg. Paxara, Licín, 21, O Saviñao

PSC-LU-0104/2018-PRE

Grecu Giorgel

X1737562H

Inicio

r/ Calvo Sotelo, 43, 1º C, Ribadeo