Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49832

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (874/2017).

No procedemento de referencia ditouse sentenza con data 20 de xuño de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de modificación de medidas definitivas nº 874/2017, seguidos ante este xulgado, nos que son partes, como demandante Rosa María Villarino Golpe, representada pola procuradora Sra. Fernández Díaz e asistida do letrado Sr. Chapela Rey, e como demandado Massimiliano Mariella, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal, procédese, en nome do rei, a ditar a presente sentenza».

«Estímase integramente a demanda formulada pola procuradora Sra. Fernández Díaz, en representación de Rosa María Villarino Golpe, contra Massimiliano Mariella, en situación procesual de rebeldía, acordando a modificación das medidas definitivas adoptadas por sentenza do Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol do data 9 de xaneiro de 2008, no procedemento de medidas respecto a menores nº 507/2007, parcialmente revogada pola da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña do 19 de xaneiro de 2009, no sentido seguinte:

1. Acórdase privar a Massimiliano Mariella da patria potestade sobre o seu fillo, Matías Mariella Villarino, atribuíndoa en exclusiva á nai, Rosa María Villarino Golpe.

2. Suprímese o réxime de visitas vixente a favor do demandado Massimiliano Mariella en relación co seu fillo menor de idade.

Cada parte aboará as custas deste procedemento causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da L.O. 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banco Santander, en na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 4797 0000 35 0874/17. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito, ademais do Ministerio Fiscal, os que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Massimiliano Mariella, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 26 de xullo de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza