Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 549/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 549/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Alvarellos Rodríguez contra a empresa Ernesto Cereijo Caneda, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando integramente a demanda de despedimento interposta por Rosa María Alvarellos Rodríguez contra Ernesto Cereijo Caneda, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado polo demandado Ernesto Cereijo Caneda, con data de efectos do día 12 de xuño de 2018, e non sendo realizable a readmisión da traballadora demandante, debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral existente entre a demandante e o empresario demandado.

2. Debo condenar e condeno o empresario demandado a que o aboe á demandante a suma de 2.764,41 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución, e a suma de 6.558,19 euros brutos en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a extinción da relación laboral na presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ernesto Cereijo Caneda, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza