Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 129/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 129/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Prado Mosquera contra Shivshi, S.L., administrador concursal de Shivshi, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Carmen Prado Mosquera contra a entidade Shivshi, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Shivshi, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 680,13 euros brutos por diferenzas complemento antigüidade, devindicados entre decembro de 2015 e agosto de 2016, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Shivshi, S.L. e administración concursal de Shivshi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza