Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49711

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (PO 921/2010).

Carmen Fernández Santiago, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, certifica que no procedemento de xuízo ordinario 921/2010 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte.

«Sentenza 40/2013.

En Vilagarcía de Arousa o 7 de marzo de 2013.

Vistos e examinados por Sandra Iglesias Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, os autos de xuízo ordinario, sobre reclamación de cantidade, seguidos co número 921/2010 por instancia da entidade FCE Bank PLC Sucursal en España, representada pola procuradora Sra. Montenegro Faro e asistida polo letrado Sr. Etcheverría Hermida, contra Francisco Javier Acha Vázquez, en rebeldía procesual, dos que resultan os seguintes:»

«Decido que estimo integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Montenegro Faro e, en consecuencia, condeno o demandado Francisco Javier Acha Vázquez a pagar á demandante a cantidade de 7.179,47 euros, máis os xuros percibidos conforme o establecido no fundamento de dereito segundo desta resolución.

Impoño as custas deste procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, de conformidade co establecido nos artigos 455.1 e 458 e seguintes da LAC.

O devandito recurso non será admitido se non se deposita na conta de depósitos e consignacións deste xulgado a cantidade fixada na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, modificada pola Lei orgánica 1/2009, sen prexuízo do disposto na Lei 10/2012.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Javier Acha Vázquez, expídese o presente edicto para que sirva como cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 22 de febreiro de 2016

Carmen Fernández Santiago
Secretaria xudicial