Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 30 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2017/31-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT, CRN-707A derivada a CT Ansede, no concello de Narón (expediente IN407A 2017/31-1), por Resolución desta xefatura territorial, do 4 de maio de 2018, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 13 de decembro de 2018, para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Narón, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 11 de abril de 2017, no BOP do 27 de marzo e no xornal La Voz de Galicia do 24 de abril, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da Casa Consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 30 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña