Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da LAT 132 kV desde a SET do parque eólico Carracedo ao apoio número 16 da LAT 132 kV apoio número 35 da LAT 132 kV subestación Mondoñedo-subestación Meira á subestación dos parques eólicos Farrapa I e II e Neda, no concello da Pastoriza (clave 2017/0199).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 26 de outubro de 2018, do proxecto da LAT 132 kV desde a SET do parque eólico Carracedo ao apoio número 16 da LAT 132 kV apoio número 35 da LAT 132 kV subestación Mondoñedo-subestación Meira á subestación dos parques eólicos Farrapa I e II e Neda, no concello da Pastoriza (Lugo), promovido por Norvento, S.L.U.

A dita declaración poderase consultar na ligazón https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático