Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018427AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 24 de setembro de 2018 a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2018427AL-PO contra José Gómez Miranda, co DNI 39980548Q, como titular do establecemento denominado Bar San Blas.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a José Gómez Miranda o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 7 de novembro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018427AL-PO.

Denunciado: José Gómez Miranda.

DNI: 39980548Q.

Enderezo: rúa Alcalde Quintanilla Martí, 10, P01-8D, 15406 Ferrol.

Feito imputado: suposta infracción do previsto no Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

• Capítulo XII do anexo II: os operadores de empresa alimentaria deberán garantir: 1) A supervisión e a instrución ou formación dos manipuladores de produtos alimenticios en cuestións de hixiene alimentaria, de acordo coa súa actividade laboral.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: «O incumprimento dos requisitos de formación ou instrución dos manipuladores de alimentos».

Sanción proposta: cento cincuenta euros (150 €).