Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 31 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no marco dos procedementos administrativos tramitados por esta entidade (expediente 2015/64-36 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a través do Boletín Oficial del Estado ás persoas citadas no anexo a resolución ditada no marco dos procedementos administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, as persoas interesadas ou os seus representantes dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14:00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que contra a resolución poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 31 de outubro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expedientes: 2015/64-36, 2015/65-36 e 2015/66-36.

Interesado: Jacobo Sanromán Valtierra.

DNI: *****683F.

Interesada: Mª Ángeles Besada Abreu.

DNI: *****507P.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 19 de xullo de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: deixar sen efecto a medida administrativa e o recurso.