Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 31 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no marco do procedemento administrativo tramitado por esta entidade (expediente 2014/188-36 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo a resolución ditada no marco do procedemento administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada ou o seu representante legal dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselle que contra a resolución poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 31 de outubro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expedientes: 2014/188-36 e 2014/189-36.

Interesado: Javier Galiñanes Campaña.

DNI: *****982J.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 16 de xullo de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa e mantemento de recurso.