Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (184/2017-C).

José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, por medio deste edicto anuncia que neste xulgado co número 184/17-C séguense autos de xuízo verbal seguido por instancia de José Estévez Pousa, S.L. fronte a Javier Vidal Fraguas e Marcos López Sáez nos cales, con data 1.10.2018, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Estévez Pousa, S.L. contra Javier Vidal Fraguas e Marcos López Sáez, e condénanse os demandados a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 5.512,55 euros, xunto co xuro legal contado desde o 19 de xullo de 2018, así como ao pagamento das custas procesuais.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se impugna, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. De acordo coa disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial, as partes, para poder presentar o recurso terán que consignar a cantidade de 50 euros na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander. Están exentos desta obrigación os titulares do dereito á xustiza gratuíta.

Notifíquese esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así o pronucio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida polo xuíz que a ditou no día da data, achándose celebrando audiencia pública. Dou fe.

Dilixencia. A anterior sentenza quedou depositada na secretaria do meu cargo unha vez lida e publicada. Dou fe.

Pontevedra, 1 de outubro de 2018.

O letrado da Administración de xustiza».

E atopándose o devandito demandado, Javier Vidal Fraguas, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 3 de outubro de 2018

O letrado da Administracion de xustiza