Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49261

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (264/2013).

No presente procedemento Sección Sexta-Cualificación número 264/2013, seguido por instancia de Granitos Salceda, S.L.U. e Ubeira y Malga, S.L. fronte á concursada Laureano y AF, S.L., CIF B-36244416, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Pontevedra, 30 de outubro de 2016.

Vistos por Manuel Marquina Álvarez, maxistrado titular do Xulgado do Mercantil número 1 dos desta cidade, os presentes autos da Sección Sexta, de Cualificación, do concurso abreviado nº 264/2013, seguidos por iniciativa de Granitos Salceda, S.L.U. e Ubeira y Malga, S.L., a administración concursal (AC) e do Ministerio Fiscal, fronte a Laureano Álvarez Fontán, Juan Carlos García e Renovados de Laureano y AF, S.L.

Resolvo.

Estímanse as pretensións deducidas por Granitos Salceda, S.L.U. e Ubeira y Malga, S.L., a AC e o Ministerio Fiscal e, en consecuencia, cualifícase como culpable o concurso de acredores de Laureano y AF, S.L., por concorreren causas dos artigos 164.2.1º, 164.2.4º, 164.5º e 165.1º, 165.2º e 165.3º, en relación co artigo 164.1, todos eles da LC.

Decláranse persoas afectadas pola cualificación do concurso Laureano Álvarez Fontán, DNI 34870169F, e Juan Carlos García, NIE X3141239Z, aos cales se lles impón a sanción de inhabilitación para administrar os bens alleos, así como para representar calquera persoa durante un período de 15 anos. Condénanse ambos á perda de calquera dereito que puideren ter como acredores concursais ou da masa, á devolución dos bens ou dereitos que obtivesen indebidamente do patrimonio da concursada ou recibisen da masa activa, así como á indemnización, de maneira solidaria, dos danos e perdas causados, que se calculan en 1.715.333,51 euros. Así mesmo, condénanse, de maneira solidaria, a cubrir a totalidade do déficit concursal.

Declárase cómplice no concurso a entidade Renovados de Laureano y AF, S.L., que se condena á indemnización dos danos e perdas causados, que se calculan en 1.715.333,51 euros.

Condénase a Laureano Álvarez Fontán, Juan Carlos García e Renovados de Laureano y AF, S.L. ao pagamento das custas causadas neste incidente de cualificación.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e con expresión dos motivos polos cales se recorre, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. De acordo coa disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, as partes, para poder presentar o recurso, terán que consignar a cantidade de 50 euros na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander. Están exentos desta obriga os titulares do dereito á xustiza gratuíta.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E ao estaren os ditos demandados, Juan Carlos García e Renovados de Laureano y AF, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 9 de maio de 2018

José Luis Gutiérrez Martín
Letrado da Administración de xustiza