Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49263

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (593/2017).

Marina Sofía López Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, fai saber que no presente procedemento de familia, garda, custodia alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado número 593/2017, seguido por instancia de Aránzazu Solís Menéndez fronte a Juan Manuel González Vales, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza: 59/2018.

Sentenza:

Maxistrado: Pablo Muñoz Vázquez.

Data: 1 de xuño de 2018.

Lugar: Viveiro.

Demandante: Aránzazu Solís Menéndez.

Avogada: María Pérez Santaballa.

Procurador: Constantino Prieto Vázquez.

Demandado: Juan Manuel González Vales.

Procedemento: garda e custodia e alimentos de menor nº 593/2017.

Resolución:

Que, estimando parcialmente a demanda presentada polo procurador dos tribunais Constantino Prieto Vázquez, en nome e representación de Aránzazu Solís Menéndez, fronte a Juan Manuel González Vales, establécense as seguintes medidas definitivas:

– En concepto de pensión por alimentos á filla común, Juan Manuel González Vales deberá entregar a Aránzazu Solís Menéndez a cantidade de 150 euros mensuais. Esta cantidade será pagada dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que para tal efecto designe Aránzazu Solís Menéndez ante o xulgado. Esta pensión será actualizada anualmente conforme as variacións do IPC. Igualmente, deberá satisfacer a metade dos gastos extraordinarios que se produzan na vida da filla común.

Todo isto sen especial pronunciamento en materia de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o demandado, Juan Manuel González Vales, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Viveiro, 24 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza