Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018105AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 9 de outubro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018105AL-LU, incoado a Xamón Pura Landra, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 de dita lei, notifícaselle a Xamón Pura Landra, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións perante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 2 de novembro de 2018

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2018105AL-LU.

Interesada: Xamón Pura Landra, S.L.

CIF: B27398890.

Último enderezo coñecido: avenida da Coruña, 377, 4º C, 27003 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 5.1.a) e 5.2 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (BOE núm. 57, do 8 de marzo).

– Artigo 3.1.c) do Regulamento de execución (UE) núm. 931/2011 da Comisión, do 19 de setembro, relativo aos requisitos en materia de rastrexabilidade establecidos polo Regulamento (CE) núm. 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello para os alimentos de orixe animal (DOUE núm. 242, do 20 de setembro).

Tipificación provisional: dúas infraccións leves, tipificadas no artigo 51.1 parágrafos 8º e 9º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: mil euros (1.000,00 €), a razón de cincocentos euros (500,00 €) por cada unha das infraccións.