Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49071

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (196/2017).

Raquel Romero Iglesias, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Ronaldo Alberto Guerreiro Miquileno fronte a Saúl Alberto Guerreiro Cardozo e Yajaira Felicita Miquileno Rubina ditouse sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

Sentenza número 143/2018.

Decido que, estimando a demanda formulada pola representación procesual de Ronaldo Alberto Guerreiro Cardozo, contra Yajaira Felicita Miquileno Rubina e Saúl Alberto Guerreiro Cardozo, debo condenar e condeno a que este último aboe en concepto de alimentos a favor do seu fillo a cantidade de 150 euros mensuais, que se ingresarán durante os cinco primeiros días de cada mes na conta que o demandante designe para ese efecto e que será actualizable anualmente conforme as variacións do IPC ou índice legal que o substitúa. Yajaira Felicita proporcionará alimentos ao seu fillo mediante a asistencia necesaria para a súa vida diaria como alimento, vestido, vivenda. Tales obrigacións manteranse ata que o demandante acceda ao mercado laboral ou ben lle sexa concedida unha prestación económica como consecuencia do seu estado de saúde.

Non se efectúa especial pronunciamento en materia de custas.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e contra ela cabe recurso de apelación, que se interpoñerá ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación desta sentenza logo de constitución dun depósito de 50 euros e aboamento da correspondente taxa, recurso que será resolto pola Audiencia Provincial.

Así por esta sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

En relación cos datos de carácter persoal, sobre a súa confidencialidade e prohibición de transmisión ou comunicación por calquera medio ou procedemento, deberán ser tratados exclusivamente para os fins propios da Administración de xustiza (ex Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos carácter persoal).

E atopándose o demandado Saúl Alberto Guerreiro Cardozo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 30 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza