Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 15 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 228/2018IAS.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación por correo certificado e por medios electrónicos a través do sistema Notifica.gal, sen que se puidese efectuar, emprázase a interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), para ser notificada por comparecencia o acto administrativo sinalado no anexo.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas na avenida da Habana, 79, 1º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 15 de outubro de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 228/2018IAS.

Procedemento: inscrición do acordo de constitución da asociación no Rexistro Provincial de Asociacións.

Entidade: Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual Ourensana.

Interesado: NIF 47901969F.

Último enderezo coñecido: rúa Vasco Díaz Tanco, 24, 7º esq., 32005 Ourense.

Acto notificado: requirimento de corrección de erros na solicitude.