Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada presentados por A Riveira, S.C. para a ampliación dunha explotación porcina de ceba para 3.199 animais na Anuqueira, Codesoso, no concello de Sobrado, provincia da Coruña (expediente 2018-IPPC-I-48).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Solicitude de autorización ambiental integrada en explotación porcina dedicada a ceba con capacidade para 3.199 prazas. Lugar: A Anuqueira, Codesoso, Sobrado, A Coruña. Promotora: A Riveira, S.C.».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Prevencion_e_control_de_actividades?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/seccion.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/dinamico/listado_ippc_central.html.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2018-IPPC-I-48.

Peticionaria: A Riveira, S.C.

CIF: J70118203.

Enderezo social: Codesoso, 15813 Sobrado dos Monxes, A Coruña.

Localización da instalación: A Anuqueira, Codesoso, 15813 Sobrado dos Monxes, A Coruña.

Actividade: explotación porcina de ceba.

Descrición: o proxecto consiste na ampliación dunha explotación porcina de ceba con animais que entran con 20 kg e saen con 100 kg con destino ao matadoiro. A instalación conta con dúas naves, dous almacéns, silos para penso e valado perimetral, e construirase unha terceira nave, un almacén e unha fosa exterior de xurros, á raíz do cal se disporá dun total de 3.199 prazas. As augas de limpeza das naves son conducidas á fosa de xurros. As augas pluviais vértense directamente ao terreo. O xurro xerado na instalación será xestionado mediante un xestor autorizado.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión do 15 de febreiro de 2017 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.