Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2018/2265-3 e seis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 11 de outubro de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/equivalente

PR204A2018/2265-3

Fabio Fernández García

6703

PR204A2018/2354-3

David López Vázquez

9136

PR204A2018/2659-3

José Vicente Fraga Cao

4095

PR204A2018/2669-3

Pedro Bolaño Pérez

1055

PR204A2018/2694-3

Glefisson Henrique Pereira Maciel Soares

3189

PR204A2018/2745-3

María Mira Palomino

8596

PR204A2018/2773-3

Carlos Bernárdez González

9612