Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra Proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito urbanización Monte Devesa-aldea de Buio, punto quilométrico 10+160-10+870 (clave AC/16/088.06), no concello de Brión.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra Proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito urbanización Monte Devesa-aldea de Buio, punto quilométrico 10+160-10+870 (clave AC/16/088.06), no concello de Brión, que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía pagadoira será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN e BIC) dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na caixa xeral de depósitos.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, 2-8ª planta, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puido practicar.

A Coruña, 2 de outubro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

5

Branco Caamaño

Jesús

9

Castro Fuente

Manuel

12

Castro Fuente

Manuel

1

García Ferreira

José

10

Márquez Barreiro

Miguel Ángel

15

Riveiro Rey

M. Carmen Teresa

16

Riveiro Rey

Manuel

4

Riveiro Rey

Román

7

Riveiro Rey

Román

8

Serramito Otero

Generosa