Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda o pagamento de prezos xustos por expropiacións para o Proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos A Susana-polígono industrial (punto quilométrico 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (punto quilométrico 1+170-2+250) (clave AC/16/087.06), nos concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra Proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos A Susana-polígono industrial (punto quilométrico 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (punto quilométrico 1+170-2+250) (clave AC/16/087.06), nos concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón, que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía pagadoira será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN e BIC) dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na caixa xeral de depósitos.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puido practicar.

A Coruña, 2 de outubro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Concello de Santiago de Compostela:

Predio

Letra

Apelidos

Nome

3

Ferreiro Collazo

Gloria

4

Illobre Ferreiro

Hrs. M. Josefa e outro

5

Illobre Ferreiro

Manuel

Concello de Boqueixón:

Predio

Letra

Apelidos

Nome

8

Asorey López

Manuel

9

Asorey López

Manuel

7

Asorey López

María del Carmen

12

Barcala Villa

Solitario

13

Barcala Villa

Solitario

22

Concello de Boqueixón

10

General de Hormigones, S.A.

24

A

González Granja

Emilia María

26

López López

Jesús

26

A

López López

Soledad

27

López López

Soledad

28

López Rouco

David

21

Mareque Rubio

Manuel

16

Raviña Rubio

José Manuel

17

Regueiro Vilela

Manuela

15

Rodriguez Ferreiro

José Antonio

14

Rodríguez Raviña

Hrdos. Manuel

20

Rubio Regueiro

José

23

Torres Ferreiro

José

24

Torres Ferreiro

José e outra

11

Vázquez Viña

José Antonio