Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Trazo (Trazo-A Coruña), para seren notificados por comparecencia de varios trámites de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de concentración parcelaria de Trazo (Trazo-A Coruña), que se relacionan no anexo, para seren notificados de trámites de audiencia relativos a recursos contra as bases de reestruturación parcelaria da dita zona, que os afectan.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro dos actos notificados mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Actos notificados: trámites de audiencia.

Interesados:

Manuel Casas Iglesias.

María Casas Iglesias.

Prudencio Casas Iglesias.