Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Fáiselle saber o interesado que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Expediente: RL 2011/0223-4.
Acta: I362011000064990.
Empresa: Santiago Pazos Moreira.
DNI/NIF: 35272127-V.
Enderezo: porto pesqueiro-peirao leste 19 51, escaleira A-B, Marín.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, en relación cos artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b) 39.3.c) e g) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data resolución: 1.10.2018.
Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción núm. I362011000064990 e proceder ao arquivamento do expediente.
Vigo, 5 de novembro de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra