Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra do proxecto de construción da alarga e mellora da estrada de Ordes a Cerceda entre os puntos quilométricos 0+000 e 7+000, de clave AC/15/116.10, no concello de Ordes.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra do proxecto de construción da alarga e mellora da estrada de Ordes a Cerceda entre os puntos quilométricos 0+000 e 7+000 (clave AC/15/116.10), no concello de Ordes, que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía que se deberá pagar será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN e BIC) dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na Caixa Xeral de Depósitos.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2-8ª planta, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, tentada a súa notificación, non se puido efectuar.

A Coruña, 2 de outubro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

171

Boquete del Río

Herdeiros Jesús

185

A

Boquete López

José (A)

237

Bouza Amor

María

67

CO

Calvo López

Pilar

98

Campos García

Rogelio

102

Candal Blanco

Hrdos. José

104

Candal Sanjurjo

Gonzalo

179

Darriba Franqueira

Jesús

146

Franqueira Varela

Herdeiros Ricardo

181

Franqueira Varela

Herdeiros Ricardo

106

García Franqueira

Antonio Ricardo

134

García Franqueira

Antonio Ricardo

68

García Presedo

Eduardo

76

García Presedo

Eduardo

198

Gestal Varela

Manuela Esther

66

López Amor

Adolfina

59

López Gómez

Visitación

55

López Rodríguez

Jesús

61

López Rodríguez

Jesús

64

López Rodríguez

Jesús

46

Mosquera Villaverde

Hrdos. M. Dolores

47

Mosquera Villaverde

Hrdos. M. Dolores

18

Pardo Fandiño

Hermelinda Josefa

36

Pardo Villaverde

Hrdos. Ramona

38

Pardo Villaverde

Hrdos. Ramona

172

Pena Martínez

Manuel

132

Pena Varela

Valentina Clarisa

119

Pulleiro Pena

José Antonio

48

Reboredo Veiras

Manuel

58

Rodríguez Taboada

Antonio

157

Sedano Cadiñanos

Lorenzo Ant. e outra

158

A

Seoane Bermúdez

Manuel Antonio

169

Souto Martínez

Hdros. José Antonio

166

Vázquez Sánchez

Jesús