Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2018 polo que se notifican aos interesados as resolucións de cesión de predios con vocación agraria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles as resolucións de cesión de predios con vocación agraria ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto que se notifica

Enderezo

20081500355, 20091500275

Óscar Sánchez Bermúdez

Resolución de cesión de predios

Rúa Alcalde Juan Vidal, 30, 1, 15810 Arzúa, A Coruña

20142700297

José Manuel Huerta López

Resolución de cesión de predios

Rúa Pista Couto de A,
27259, Castro de Rei, Lugo