Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización de dous contratos administrativos (expediente AT/002/2018 e un máis).

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar os seguintes contratos administrativos:

I. Contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción: mellora da capacidade e seguridade da AC-862. Treito: AG-64 - Ponte Mera. Clave: AC/18/014.10. Expediente: AT/002/2018.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: AC/18/014.10 (AT/002/2018).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=273498

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizo.

b) Descrición: redacción do proxecto de construción: mellora da capacidade e seguridade da AC-862. Treito: AG-64 - Ponte Mera.

c) CPV: 71311210-6.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo de 2018.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 149.563,96 €.

6. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 149.563,96 €. Importe total: 180.972,39 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26.7.2018.

b) Data de formalización do contrato: 7.9.2018.

c) Adxudicatario: Técnica y Proyectos, S.A. (TYPSA).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 124.138,08 €. Importe total: 150.207,08 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

II. Contrato de servizo para a redacción do estudo informativo, impacto ambiental e proxecto de construción: actualización da VAC da Costa Norte. Treito: AG-64 (San Sadurniño)-Sanguiñeira; e redacción do estudo informativo e estudo de impacto ambiental da nova ponte sobre a ría de Viveiro e conexión da VAC Costa Norte coa LU-540. Clave: GA/18/029.01. Expediente: AT/005/2018.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: GA/18/029.01 (AT/005/2018).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 283421

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizo.

b) Descrición: redacción do estudo informativo, impacto ambiental e proxecto de construción: actualización da VAC da Costa Norte. Treito: AG-64 (San Sadurniño)-Sanguiñeira; e redacción do estudo informativo e estudo de impacto ambiental da nova ponte sobre a ría de Viveiro e conexión da VAC Costa Norte coa LU-540.

c) CPV: 71311210-6.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea do 10 de marzo de 2018; Boletín Oficial del Estado do 13 de marzo y Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 360.133,67 €.

6. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 360.133,67 €. Importe total: 435.761,74 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10.9.2018.

b) Data de formalización do contrato: 23.10.2018.

c) Adxudicatario: UTE Fhecor Ingenieros Consultores, S.A.-G.O.C., S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 268.299,58 €. Importe total: 324.642,49 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas