Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 205/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 205/2018 deste xulgado do social, seguido a instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Estructuras Cubafer, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o vinte e tres de outubro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza número 393/2017 do 15.9.2017 ditada no procedemento ordinario 235/2015 a favor da parte executante, Fundación Laboral de la Construcción, fronte a Estruturas Cubafer, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 333,88 euros en concepto de principal, máis outros 33,38 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz O/a letrado da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o vinte e tres de outubro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Estructuras Cubafer, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 333,88 euros en concepto de principal, máis outros 33,38 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0205 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Estructuras Cubafer, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Cubafer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza