Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 124/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 124/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Souto Blanco, Ramón Blanco López contra Transportes Amajosa, S.L. e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Transportes Amajosa, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 3.421,86 euros en concepto de principal (1.320,17 euros en concepto de salario a Mónica Souto Blanco e 344,69 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET, 1.393,23 euros en concepto de salario a Ramón Blanco López e 363,77 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 342,18 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Amajosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza