Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2018/84-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, que se sinalan no anexo deste anuncio o Acordo do 11 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 152, do 9 de agosto de 2018, e no Boletín Oficial da provincia núm. 144, do 31 de xullo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/84-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMT, CT, RBT As Meneiroas.

Concello: A Laracha.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Número de predio: 1 (8,33 % da propiedade).

Propietario: Alfonso López Veira.