Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 22 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento administrativo tramitado por esta entidade (expediente 2011/214-36 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no marco do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado para comparecer nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 22 de outubro de 2018

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº expediente: 2011/214-36, 2011/215-36.

Interesada: Ana Mª González Ferreira.

DNI: *****061K.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 21.3.2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento e modificación de medida administrativa.