Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (873/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 873/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jennifer Juncal Vázquez contra Fondo de Garantía Salarial e Sleep Mobel, S.L., sobre reclamación de cantidades, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jennifer Juncal Vázquez, contra a entidade Sleep Mobel, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Sleep Mobel, S.L., a que aboe a demandante a cantidade de 3.084 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios percibidos entre marzo a xullo de 2017, ambos os dous incluídos, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274 debendo salientar en concepto os seguintes díxitos 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), e se é físicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta nº 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións, a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sleep Mobel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza