Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48532

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (250/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 250/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pescanova España, S.L.U., contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Bajamar Séptima, S.L., Pescanova, S.A., Nova Pescanova, S.L. sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Pescanova España, S.L.U., contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, sendo parte Bajamar Séptima, S.L., Pescanova, S.A. e Nova Pescanova, S.L. e, en consecuencia, debo absolvelos de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (ditas cantidades deberán ser abonadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, debendo apuntar en concepto os seguintes díxitos 4757000065, e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bajamar Séptima, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza