Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 29 de outubro de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 29 de outubro de 2018

María del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: café bar La Juventud.

Titular: María Ventureira Gómez.

Enderezo: rúa San Lucas, 13.

Concello: A Coruña.

Establecemento: café bar Mesón López.

Titular: Jorge López González.

Enderezo: rúa San Lucas, 13.

Concello: A Coruña.

Establecemento: café bar Sil.

Titular: Flamino Álvarez Fernández.

Enderezo: rúa San Lucas, 13.

Concello: A Coruña.