Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de outubro de 2018, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución, recaída no expediente de baixa do establecemento relacionado, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 y 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Todo isto sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que xulgue oportuno.

Ourense, 30 de outubro de 2018

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: A Dormiñona.

Titular: José Luis Fernández Martínez.

Enderezo: As Ermidas, 66.

Concello: O Bolo.

Resolución: 22.10.2018.