Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48274

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1991/2018-RMR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1991/2018

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 809/2016 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrentes: María Dolores García Jamardo, Djordjo Milos Kovach Omote

Avogados: Manuel López Núñez, Raquel Barreiro Vilas

Recorridos: Fogasa, José Pereira García, María Dolores Regueira Felpete, Raúl Rey Santos, Grupo Omote, S.L., Balbina Industria Panadería Auxiliar, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, Xosé María Rodríguez Fernández, Xosé María Rodríguez Fernández, Manuel Castro Fernández (...), (...)

Procuradores: (...), María Aurora Gosende Gómez, María Aurora Gosende Gómez (...), (...), (...)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1991/2018 desta sección, seguido por instancia de María Dolores García Jamardo contra Djordjo Milos Kovach Omote e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por María Dolores García Jamardo, e estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por Djordjio Milos Kovach Omote, ambos os dous contra a Sentenza do 4 de setembro de 2017 do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, ditada en xuízo, seguido por instancia de María Dolores García Jamardo contra Djordjio Milos Kovach Omote, Raúl Rey Santos, José Pereira García, Dolores Regueira Felpete, a entidade mercantil Balbina Industrias Panadería Auxiliar Sociedad Limitada, e a entidade mercantil Grupo Omote Sociedad Limitada, con chamamento a xuízo do Fondo de Garantía Salarial, a sala revógaa no sentido de condenar solidariamente a Raúl Rey Santos e a entidade mercantil Grupo Omote Sociedad Limitada, queda absolto Djordjio Milos Kovach Omote e mantense en todo o restante a decisión contida na sentenza de instancia».

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación a Grupo Omote, S.L. e Balbina Industria Panadería Auxiliar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza