Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 264/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Luis Barreiro Fernández, Diego López Turnes, José Manuel Liñares Vigo, Antonio Quintela Feanes, Santiago García Rey, Luis Pereira Salvado, José Víctor Aldrey Vigo, José Ángel Parrado Munin e José Luis Díaz Ferro contra Hermanos Vigo Otero, S.L. se acordou notificar parte dispositiva do auto do 4 de setembro de 2018, dilixencia de ordenación do 4 de setembro de 2018 e decreto de data 17 de outubro de 2018, ditado no procedemento ETX 264/2017 a Hermanos Vigo Otero, S.L., en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante:

José Ángel Parrado Munín: 1.170,94 euros de principal máis 343,58 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 151,45 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

José Luis Díaz Ferro: 4.422,23 euros de principal máis 1.297,62 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 571,98 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

Antonio Quintela Feanes: 4.636,06 euros de principal máis 1.361,64 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 599,77 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

Santiago García Rey: 1.274,26 euros de principal máis 374,26 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 164,85 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

José Manuel Liñares Vigo: 1.164,19 euros de principal máis 341,61 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 150,58 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

José Víctor Aldrey Vigo: 1.175,58 euros de principal máis 344,96 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 152,05 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

José Luis Barreiro Fernández: 1.151,39 euros de principal máis 337,85 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 148,92 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

Diego López Turnes: 1.153,67 euros de principal máis 338,52 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 149,21 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

Luis Pereira Salvado: 1.438,37 euros de principal máis 422,07 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 186,04 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 00301846420005001274, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina o/a xuíz. Dou fe.

O/a xuíz. A letrada da Administración de xustiza.

(…)

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil dezaoito.

Tendo constancia este órgano de que a empresa demandada foi declarada insolvente no procedemento de execución de títulos xudiciais 217/2017 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, remítase exhorto ao dito órgano co fin de que remitan testemuño do decreto de insolvencia da empresa Hermanos Vigo Otero, S.L., ditado no dito procedemento.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da administración de xustiza.

(…)

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Hermanos Vigo Otero, S.L., dar audiencia previa á parte demandante José Ángel Parrado Munin, José Luis Díaz Ferro, Antonio Quintela Feanes, Santiago García Rey, José Manuel Liñares Vigo, José Víctor Aldrey Vigo, José Luis Barreiro Fernández, Diego López Turnes, Luis Pereira Salvado e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 00264 78. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0264 17”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Hermanos Vigo Otero, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza