Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación das resolucións de modificación das bases definitivas como consecuencia da inclusión dos terreos de núcleo rural na zona de reestruturación parcelaria de Briallos (Portas-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avenida de Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar, Pontevedra) teléfono 986 80 50 94.

Contra esta resolución, que non pon á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, unicamente no que se refire ás novas parcelas incluídas no seu boletín individual da propiedade.

Pontevedra, 17 de outubro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

BRIN_005_RR

Alonso Fernández, Manuel

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_013_NN

Arzúa Vidal, Amparo

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_014_NN

Arzúa Vidal, María del Carmen

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_031_NN

Collazo González, Dolores

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_059_NN; BRIN_057_RR

Fontán Castro, Rosa

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_069_NN

Fontán Martínez, Joaquín

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_106_NN

Monteagudo Piñeiro, Francisco

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_115_RR

Veiga Ferreiro, María Alsira

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_127_NN

Ruibal Estévez, José

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_133_NN

Álvarez Álvarez, Daniel

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_152_NN

Arzúa Vidal, Amparo

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural

BRIN_153_NN

Arzúa Vidal, María del Carmen

Modificación bases definitivas por inclusión núcleo rural